Descubre o grimorio de Lendario

Descubre Lendario carta a carta no noso flipbook
A baralla é só o comezo. Co flipbook do Grimorio de Lendario podes mergullarte na publicación editorial que acompaña as cartas e que amplía o universo de lendas, seres e historias da mitoloxía galega. O Grimorio foi pensado para ler antes dunha partida, consultar durante o xogo ou volver a el despois de repartir as cartas. É unha guía para descubrir o que hai detrás de cada ilustración e continuar o percorrido máis alá da propia baralla.
Un grimorio para acompañar o xogo
O Grimorio de Lendario amplía aquilo que non cabe no formato dunha carta. Nas súas páxinas atoparás explicacións sobre as figuras da baralla, a súa orixe e o seu vínculo coa tradición galega.
Non pretende ser un tratado académico nin impoñer unha versión única de cada lenda. É unha porta de entrada accesible, respectuosa coa tradición oral e pensada para que cada lector ou lectora poida seguir afondando pola súa conta.
Outras formas de xogar
O Grimorio tamén explica a baralla e abre novas posibilidades para usala na mesa. Ademais de acompañar partidas cos xogos tradicionais, propón formas de xogo e mecánicas que permiten empregar as cartas como ferramentas de exploración narrativa, descubrimento e aprendizaxe.
Deste xeito, Lendario pode ser unha baralla para xogar, unha pequena enciclopedia visual da mitoloxía galega ou un punto de partida para crear partidas e historias propias.
Explora o flipbook
O flipbook permíteche ler o Grimorio de Lendario en formato dixital, pasar as páxinas ao teu ritmo e descubrir como dialogan as cartas, os textos e as ilustracións.
